“POÑER AS TOUCAS” NA COMARCA DO CAMPO DE NOIA, s. XV – XVII

A expresión “poñer as toucas”, fai referencia ao costume documentado entre os séculos XVI ao XVII na comarca galega do chamado Campo de Noia, de regalar ás noivas da man dos seus pais, este tipo de pano da cabeza que recibían no momento do dote, que lucirían posteriormente durante a celebración litúrxica da misa da velación. Aproveitando este feito, se fará un percorrido pola interesante historia desta antiga peza da indumentaria feminina galaica aparecida ao longo do século XIII, facendo fincapé na súa manufactura local, e detallando os prolegómenos ao redor da súa confección, deseños, e materias empregados, especialmente no caso dos encaixes. Do mesmo xeito, acometerase o caso da indumentaria popular na comarca de Noia ao longo do século XVI, interesándonos polos tecidos empregados, os seus coloridos, cronoloxías, comercio, e centros de produción. (Pulse en la imagen para descargar el artículo en formato PDF)

Mándame tus comentarios

Xenealoxías do Ortegal es un proyecto registrado. Todos los derechos reservados ©. Contacto: xenealoxias@gmail.com